Luz verde á base de unidades operativas contraincendios de Medio Rural en Rianxo

RIANXO> Rianxo vén de dar luz verde á solicitude realizada pola Axencia Galega da Industria Forestais da Xunta de Galicia para a construción dunha base integrada de unidades operativas do servizo de extinción de incendios de Medio Rural.

Será unha das primeiras 15 bases que a Xunta ten previsto construír en toda a comunidade.

O proxecto en cuestión vaise desenvolver nunha parcela de equipamentos no polígono de Té. A actuación conta cun orzamento de máis de 441mil euros e un prazo de execución de seis meses.

En canto ás características desta base. Así crearase un espazo dedicado á defensa do monte, pero tamén coa vontade de converterse nunha das iconas do recinto industrial de Rianxo polos materiais empregados e por minimizar o impacto da edificación, prevendo futuras ampliacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí