A Pobra inaugura o seu primeiro parque canino

A POBRA> O concello da Pobra conta cun parque canino. Está situado nas inmediacións do paseo do Xobre e componse dun circuíto de axilidade con seis xogos para mascotas.

Xa está en funcionamento o novo parque canino da Pobra. A instalación emprázase no paseo do Xobre, nas inmediacións da praia canina do municipio e consta de seis xogos enmarcados nun circuíto de axilidade.

A actuación supuxo un investimento de 12 mil euros con cargo ó remanente de tesourería de 2021.

A posta en marcha deste parque vén satisfacer unha vella demanda dos veciños que levaban tempo solicitando un espazo para exercitar ás súas mascotas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí