Veciños de Exipto alertan do risco que supón o mal estado da antiga unitaria

BOIRO> Os veciños da aldea de Exipto, na parroquia boirense de Abanqueiro, denuncian o mal estado en que se atopa a antiga escola unitaria. Temen que poida producirse un accidente posto que é frecuente a caída de cascallos e cristais polo que piden unha intervención urxente.

Xa en varias ocasións ó longo dos últimos anos, os veciños de Exipto dirixíronse ó concello para buscar unha solución ante o mal estado en que se atopa a antiga escola unitaria. O edificio, más alá do feismo e o foco de insalubridade que supon pola presenza de ratos, constitúe un risco para os residentes e calquera que pasee pola zona posto que é frecuente a caída de cascallos e cristais dende a fachada.

Os veciños temen que poida acontecer unha desgraza posto que o inmoble é frecuentado por mozos da zona posto que é doado acceder ó seu interior.

Piden que se acometa unha actuación urxente. Xa no seu día reclamaran que se acondicionase como centro social. De non ser posible prefiren o seu derrube para evitar riscos innecesarios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí