A Xunta anuncia en Ribeira a convocatoria de axudas para modernizar as prazas de abastos

RIBEIRA> A Xunta de Galicia convoca unha orde de axudas para a mellora e impulso das prazas de abastos. Así o anunciou o director xeral de Comercio e Consumo na visita ó mercado de Ribeira, onde salientou o seu papel como dinamizador do comercio local.

O director xeral de Comercio e Consumo visitou esta mañá a praza de abastos de Ribeira onde anunciou a nova convocatoria de axudas para a mellora deste tipo de instalacións. A orde, que se publicará mañá no DOG, ten carácter bianual e está dirixida tanto a concellos como a asociacións de comerciantes que busquen impulsar unha rede de mercados excelentes en toda Galicia.

Dende o concello agradeceron estas axudas que se sumarán ós fondos Next Geneation solicitados polo concello co fin de modernizara a praza de abastos de cara a acadar a excelencia.

Ademais da mellora das instalacións e o seu equipamentos, estas axudas van dirixidas tamén ó financiamento de accións formativas e mellora da xestión e imaxe corporativa dos mercados. As axudas poderán solicitarse dende este venres 28 de abril ata o 29 de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí