A Xunta renova a boia do Observatorio Costeiro de Galicia situada na costa ribeirense

RIBEIRA> Tanto a titular do Mar como a de Medio Ambiente, a bordo dun buque, achegáronse ata o lugar no que está emprazada a dita boia.

Ademais dos parámetros meteorolóxicos e oceanográficos habituais, incorporáronlle novos sensores para optimizar a recollida de datos e ampliar a información obtida das condicións do mar.

Eses traballos de mellora foron realizados polo CETMAR, órgano responsable do mantemento da rede de estacións automáticas do Observatorio Costeiro de Galicia

para proporcionar información de calidade ós distintos sectores vinculados co medio mariño.

O observatorio, que leva operativo case dúas décadas, suma a estas plataformas automáticas unha rede de mostraxe conformada por 43 estacións oceanográficas e a rede galega meteorolóxica, integrada por 160 instalacións de toma de datos.

A esta labor engádense outras tarefas como a elaboración de modelos numéricos de predición e reanálise, a xestión da información e a realización de produtos e servizos específicos para os usuarios finais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí