O executivo pobrense obriga ó Nigeria a abandonar o local do Camiño Ancho

POBRA> A retirada da cesión deste local coma vivenda social veu provocada polo roubo de diverso material de obra do Concello ademais do incumprimento do plan de traballo establecido por Servizos Sociais.

Tras varios meses vivindo na antiga escola unitaria do Camiño Ancho, o ‘Nigeria’ veuse obrigado a abandonar as instalacións a petición do goberno local. A decisión veu motivada polo roubo de diverso material de obra do concello ademais do incumprimento do plan de traballo establecido por Servizos Sociais.

A expulsión do Nigeria pon fin á polémica xerada no seu día por esta decisión. Os grupos da oposición, principalmente o PP, criticaron duramente a actitude do executivo por ceder unha vivenda a un delincuente habitual sen un regulamento ou uns criterios obxectivos que o xustificaran. O desencontro foi tal que os populares chegaron a levar a pleno a reprobación do alcalde e do concelleiro de servizos sociais.