Ribeira homenaxeará ós camioneiros falecidos no Día de San Cristovo

RIBEIRA> Ribeira celebrará este domingo unha serie de actos co gallo da festividade de San Cristovo. A asociación Alfaia organiza, xunto co concello e a parroquia, o programa conmemorativo para recuperar esta vella tradición.

A xornada iniciarase coa concentración de vehículos na explanada do Malecón a partir das dez da mañá amenizada pola música do grupo  Tahume. Á mediodía oficiarase unha misa solemne en memoria dos camioneiros falecidos en accidentes de tráfico que dará paso á tradicional procesión motorizada.

A procesión seguirá o itinerario habitual incorporando un novo treito ata a rotonda das Saíñas. Concluídos os actos conmemorativos terá lugar unha sardiñada no porto de Aguiño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí