O PP de Caldas sae á rúa para mostrar o seu programa: ‘saneamento nas parroquias e centro de saúde’

CALDAS> O PP de Caldas sae ás rúas para facer chegar o seu proxecto electoral á veciñanza. Dende a formación apostan polo traballo, o saneamento nas parroquias e as melloras no centro da vila, como a construción dun novo centro de saúde, como claves do seu programa.

Somerxidos xa na campaña electora, as formacións políticas realizan diferentes actividades para facer chegar o seu programa electoral á veciñanza. En Caldas, o candidato do partido popular realizou este luns un paseo pola vila acompañado de membros da súa formación para compartir coa veciñanza as súas propostas.

Dende a formación sinalan como clave do seu programa o traballo e a ilusión. Entre as súas propostas, os populares apostas por dotar de servicios básicos ás parroquias.

En canto ao centro, o candidato popular propón diferentes melloras como arranxar os xardíns e as zonas verdes, pero sobre todo resolver a construción do novo centro de saúde.

Outra aposta dos populares é crear solo industrial.

O candidato estivo arroupado pola secretaria xeral dos populares en Galicia. Dende a formación consideran que para Caldas Fernando Pérez é o voto da unidade.

Ao longo do seu paseo foron moitos os veciños e veciñas cos que a formación compartiu o seu programa. No se percorrido tamén se atoparon con outro partido político realizando unha actividade. Ambas formación se saudaron e conversaron, mostrando a cordialidade coa que se está desenvolvendo a campaña en Caldas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí