O BNG fíxase como reto recuperar o dinamismo económico da Pobra

A POBRA> O desenvolvemento económico e a creación do emprego son un dos principais obxectivos do BNG da Pobra. Algunhas das propostas, neste sentido, son a execución dun novo polígono industrial, a promoción dos sectores produtivos e a dinamización da hostalería e do comercio.

A execución do novo polígono industrial entre A Pobra e Ribeira, aprobado pola Xunta de Galicia hai anos, é unha das principais demandas do BNG pobrense para a dinamización económica do municipio e a creación de emprego.

Xunto á dotación de chan industrial, os nacionalistas apostan polos sectores básicos da nosa economía con diversas medidas que favorezan a produtividade e a mellora das condicións laborais dos traballadores do mar.

A hostalería e o comercio son outros dos eixos do programa do BNG da Pobra que impulsará innovadoras iniciativas para a dinamización destes sectores.

Non se esquecen tampouco os nacionalistas do turismo cun proxecto de desestacionalización da oferta que pasa polo deseño de actividades culturais e deportivas que atraian visitantes durante todo o ano así como a instalación dun centro de Talasoterapia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí