Carmela Silva despídese da presidencia da Deputación de Pontevedra

PONTEVEDRA> Estes resultados remataron por pasar factura ao Partido Socialista a nivel provincial. O Partido Popular conseguiu maioría absoluta na Deputación de Pontevedra, despois de oito anos de goberno bipartito PSOE-BNG. Hoxe a presidenta en funcións Carmela Silva recoñecía que fora unha perda inesperada.

Así comezaba a presidenta en funcións da Deputación de Pontevedra a que será, segundo ela mesma dixo, a súa última rolda de prensa á fronte da institución provincial.

A perda de deputados nos partidos xudiciais de Pontevedra, Tui e Vigo pasou factura aos socialistas. Aínda que o PSOE obtivo na provincia o maior número de votos e maior porcentaxe que no resto de Galicia, o PP pasa de 11 a 14 deputados, o PSOE baixa de 13 a 9 e o BNG sobre de 3 a 4. Confirmando a maioría absoluta do Partido Popular na Deputación.

Aceptado o resultado, a presidenta en funcións asegurou estar orgullosa do traballo feito nestes oito anos.

Silva non quixo facer valoracións sobre o futuro presidente da Deputación nin se pronunciou sobre se seguirá como deputada provincial na oposición. Emocionada, agradeceu o traballo destes anos ao seu equipo e aos funcionarios da administración pontevedresa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí