Un veciño de Ribadumia presume dun Belén que non deixa de medrar

RIBADUMIA> Na casa de Francisco Martinez, en Ribadumia, o Nadal vívese todo o ano. El é o autor dun Belén que non deixa de medrar. Este ano incorporoulle novas figuras en movemento e tamén o seu propio sistema solar, co sol, a lúa e as estrelas. Pola súa casa están pasando estes días multitude de veciños e curiosos que queren ver en primeira persoa o traballo deste home. El entre tanto, xa está a maquinar outras melloras que lle quere facer ao nacemento. Di que para o ano que vén quere aumentalo en cinco metros cadrados máis.

Visitar a casa de Francisco Martínez non deixa a ninguén indiferente. Este veciño de Ribadumia pode presumir de ter no seu propio fogar un Belén ao que non lle falta detalle. O nacemento ademais nunca deixa de medrar. Este ano incorporoulle varias novidades, todas elas con movemento propio. É o caso deste completo ceo.

Outra das novidades é este batallón de soldados que desfila por diante do castelo de Herodes.

Para chegar ata aquí, Francisco leva traballando todo o ano.

E como isto é un traballo de longo percorrido, na súa cabeza xa comezou a maquinar ideas para o ano que vén. A súa intención é facer unha gran ampliación.

O traballo de todo o ano de Francisco vese recompensado polas numerosas visitas que recibe agora neste tempo de Nadal. Ata aquí achéganse veciños e curiosos practicamente a diario.

Así que Francisco aproveita as cámaras de Canal Rías Baixas para facer un convite a todos os nosos espectadores para que se acheguen á súa casa. Aquí agarda por vostedes para amosarlles con orgullo o seu Belén.