Novo éxito de celebración da primavera de portas abertas da Ruta do Viño Rías Baixas

CAMBADOS> Éxito de celebración da duodécima primavera de portas abertas das ruta do viño de Galicia. A inscrición superou ás expectativas e os 13 buses do viño volveron cubriron todas as súas prazas dispoñibles. Os visitantes gozaron das diferentes actividades como ioga nos viñedos ou cata nun barco viquingo.

A ruta do Viño Rías Baixas en colaboración coa axencia galega de turismo e as outras rutas do viño de Galicia, puxeron en marcha unha nova edición da primavera de portas abertas. Un total de 13 buses completos partiron dende as diferentes vilas para visitar e realizar actividades en 22 adegas.

A ruta do viño e as diferentes adegas organizaron numerosas actividades. A resposta dos visitantes foi moi positiva.

O éxito da xornada de portas abertas axuda á Ruta do Viño Rías Baixas a aumentar a súa promoción.

Tamén ás adegas a aumentar as súas vendas.

A ruta do Viño pechou a xornada de portas abertas pero a súa actividade para promocionar as adegas continúa o resto do ano. Nas vindeiras datas porán en marcha outras iniciativas como as catas sensoriais, as actividades en vendima ou as colaboracións con eventos deportivos.