A ILLA> Máis de 40 veciños e o goberno da Illa mobilízanse no paseo marítimo do Cantiño para protestar polo mal estado no que se atopa. Segundo advirten Portos de Galicia leva anos sen facer as tarefas de mantemento da zona e non responde ás súas peticións. Consideran que o seu estado non é acorde cos impostos que pagan veciños e mariñeiros do Xufre.
Unha das xoias das Rías Baixas é a Illa de Arousa. O municipio insular conta con numerosos paisaxes naturais que son moi demandando polos visitantes. Pero hai unha zona da vila cuxo aspecto non está no seu mellor estado, o paseo marítimo do Cantiño. Fartos de que Portos non faga as tarefas de mantemento, un grupo de veciños e o goberno local lanzáronse as rúas para reclamar que se coide o seu paseo marítimo.
Ademais do lixo do paseo, a veciñanza tamén denuncia que o mobiliario está en mal estado.
Dende a Illa esixen a Portos que realice as tarefas de mantemento. Consideran que o seu estado non é acorde cos impostos que pagan os veciños e os mariñeiros do Xufre.
A veciñanza xa protestou na policía portuaria e o concello enviou solicitudes a Portos, pero aínda así, non obtiveron ningunha resposta.
A veciñanza advirte que continuarán mobilizándose ata que Portos non tome medidas. Consideran que é unha vergoña que a súa vila estea así, especialmente coa chegada do verán e ca gran cantidade de persoas que visitan a Illa.