Esquerda Unida de Boiro leva á Valedora as promesas de Fabiola García sobre a residencia

BOIRO> Estas declaracións realizadas pola titular de Política Social, Fabiola García, foron as que desataron a polémica…

Na intervención, durante a presentación da candidatura dos populares á alcaldía de Boiro, Fabiola García aseguraba que se o PP gañaba as eleccións deste domingo, a Xunta construiría a tan ansiada residencia de Boiro.

As palabras para o candidato de Esquerda Unida, Néstor Sieira, supoñen unha infracción do principio de neutralidade que debe rexer nas institucións, polo que decidiu presentar unha denuncia ante a Valedora do Pobo.

Segundo el, as declaración buscan claramente obter un rédito político, algo que non deberá acontecer.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí