PONTEVEDRA> Da derrota do Partido Socialista, á celebración do Partido Popular. Pasada a media noite a formación confirmaba o seu retorno ao goberno da Deputación de Pontevedra despois de oito anos.
A suma de tres novos deputados nos partidos xudiciais de Pontevedra, Vigo e Tui permitiulles facerse coa maioría absoluta. Nunha comparecencia ao redor da 1 da madrugada, o presidente do PP pontevedrés confesou que se tratou dunha vitoria contra todo prognóstico.
O que non quixo facer Luis López foi adiantar o nome do futuro presidente ou presidenta da Deputación.