Un dispositivo de seguridade na Guadalupe deixa un total de dezasete denuncias

RIANXO> Un dispositivo de seguridade realizado durante o día das peñas nas festas da Guadalupe de Rianxo deixa un total de 17 denuncias. A maioría delas por consumo de alcol por menores.

A Policía Local e a Garda Civil de Rianxo, apoiados por axentes da Policía Autonómica,  en total uns 20 efectivos, uniformados e de paisano, realizaron na tarde de onte, durante a celebración do día das peñas nas festas da Guadalupe, un dispositivo de seguridade cidadá que deixou un total de dezasete denuncias por consumo de alcol por menores, 10 denuncias por tenza e consumo de substancias estupefacientes, 14 inspeccións a establecementos e 65 identificacións preventivas. Por outra banda, durante a pasada madrugada unha patrulla da Garda Civil interceptou tamén a un vehículo que circulaba de forma temeraria polo Paseo da Ribeira. As probas de alcoholemia realizadas ó condutor deron un resultado de 0,63 e 0,60 en aire expirado, polo que se procedeu a tramitar contra el a correspondente denuncia administrativa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí