Kitis Katis levará a escea o ‘Tributo a Grease’ en beneficio de FUNDAME e ASGPOH

NOIA> A asociación cultural Kitis Katis volve organizar un festival solidario en beneficio de Fundame e ASGPOH. Será o domingo día 11 e consistirá nun tributo a Grease. Tódolos fondos recadados mediante a venda de entradas e rifas irán destinados á investigación de enfermidades raras.

Ó redor de 140 bailaríns subiranse ó escenario do Liceo de Noia o domingo día 11 por unha boa causa. O festival benéfico, que organiza a asociación cultural Kitis Katis, busca recadar fondos para a investigación de enfermidades raras a través de entidades como FUNDAME e ASPOGH.

Ademais de aportar o seu gran de area á causa, os asistentes poderán disfrutar do Tributo a Grease que están a preparar os alumnos desta academia que, por quinto ano, poñen a súa arte ó servizo da solidariedade.

As entradas xa están a venda no Liceo cun custo de catro euros. Tamén se poden realizar relativos ou colaborar coa venda de rifas.

O festival do pasado ano conseguiu recadar máis de 2000 euros que se repartiron entre as dúas asociacións.