Arde por completo unha ‘narcocasa’ en Ribeira

RIBEIRA> Este era o estado no que quedou a vivenda, a número 19 da rúa Romero Ortiz, totalmente destruída polas lapas. O lume orixinábase pasadas as dúas da madrugada.

Foron os propios veciños da zona os que deron o aviso ó servizo de emerxencias, que mobilizou un amplo dispositivo coordinado polo parque de bombeiros, pero no que tamén participaron as Policías Nacional e Local.

Durante unhas cinco horas, persoal dos parques de Ribeira e Boiro estiveron traballando nas labores de extinción.

As lapas destruíron por completo o inmoble, na súa ampla maioría de madeira, aínda que, aparentemente, non afectaron a outros edificios anexos

Polo de agora descoñécense as posibles causas do lume, como tamén se descoñece se puidera haber alguén no seu interior, xa que era empregada habitualmente por drogodependentes.

Técnicos municipais personáronse a primeira hora desta mañá no inmoble para facer unha avaliación e ver da posibilidade de derrubala por completo ante o perigo que puidera producirse algún incidente.

O Concello leva negociando cos seus propietarios dende hai tempo a súa compra para poder así ampliar a rúa.