RIBEIRA> Sete usuarios de AMBAR sacaron a súa arte á rúa coa exhibición de pintura ó aire libre desenvolvida esta mañá na praza do concello de Ribeira. Trátase dunha actividade enmarcada na programación do Xuño da Cultura e das Artes.
Un grupo de sete alumnos do obradoiro de arte da asociación AMBAR desenvolveu ó longo desta mañá unha xornada de pintura ó aire libre. Iniciaron a elaboración dun mural inspirado en Ribeira non que abondan os motivos mariñeiros.
Esta actividade enmárcase na programación do Xuño da Cultura e das Artes que promove o concello de Ribeira e na que AMBAR colabora activamente dende hai anos.
Non será a única actividade neste programa a cargo da entidade posto que mañá desenvolverán unha exhibición de artesanía con talleres de cestería, encadernación e estampación.











