Cambados homenaxea a Cabanillas nun acto marcado polas restricións

CAMBADOS> Como é habitual nesta época, o concello de Cambados homenaxea o falecemento dun dos seus veciños máis ilustres, Ramón Cabanillas. Nun acto reducido debido as restricións, os representantes do bipartito e a neta do escritor fixeron unha ofrenda floral acompañados por un gaiteiro.

Con este pequeno acto, o concello de Cambados homenaxeou ao cambadés máis ilustre da historia, Ramón Cabanillas. Nun acto reducido, os representantes do bipartito e a neta do escritor realizaron unha ofrenda floral no monumento do paseo da Calzada.

Debido as restricións non se puideron celebrar os actos habituais desta homenaxe.

As restricións tamén están provocando o aprazamento da actividade cultura do concello de Cambados.

O que non cesan no concello son os proxectos culturais. O goberno municipal está rematando a posta a punto do museo Ramón Cabanillas, no paseo da Calzada.

Coa creación do museo de Cabanillas, a casa do autor estará dedicada ao arquivo e a investigación para a análises das súas obras. Dende o concello agardan que o museo Ramón Cabanillas estea rematado a finais deste ano ou a principio do vindeiro.