MORAÑA> Hoxe rematou a primeira edición do obradoiro de emprego xuvenil que organizaron de forma conxunta os concellos de Moraña, Valga e Portas. Unha iniciativa que permitiu formar a 16 mozos e mozas nos módulos de albanelería e forestal durante un ano. Grazas á parte práctica, durante este tempo levaron a cabo diversas melloras e actuacións nos tres municipios.
16 mozos e mozas participaron na primeira edición do obradoiro de emprego ‘Xóvenes’, que acolleron os concellos de Moraña, Valga e Portas. Neste caso o alumnado formouse durante un ano nas modalidades de albanelería e forestal. Hoxe, na claurusa, o delegado da Xunta en Pontevedra lembrou a aposta que se fixo por eles, cun investimento de 450.000 euros.
O obradoiro de emprego incluíu tamén formación transversal en materias como prevención de riscos laborais, igualdade, informática ou medio ambiente. Na clausura, os tres alcaldes coincidiron na utilidade destas accións formativas que permiten á mocidade da zona unha primeira oportunidade no mundo laboral.
Os alcaldes tamén aproveitaron para pedirlle á Xunta que este tipo de accións formativas teñan unha duración maior.
Ademais, grazas á parte práctica deste obradoiro, os tres concellos foron beneficiarios de distintas melloras en edificios de titularidade municipal, na modalidade de albanelería, así como distintos traballos de control da biomasa e outros traballos medioambientais, a través da modalidade de forestal.











