A campaña de verán da ABE verá aumentada a contía dos premios

BOIRO> Un ano máis, coa chegada do verán, chega tamén a campaña comercial da ABE.

A proposta da patronal boirense desenvolverase do 1 de xullo ó 31 de agosto. Nesta ocasión con importantes novidades de cara a incentivar as compras e fidelizar ós clientes.

Unha delas é o aumento da contía en premios, co sorteo de tres mil euros en bonos ABE para mercar en calquera das 200 empresas asociadas e tamén catro bicicletas, unha por quincena, co  logo da Alianza Galega polo clima, na que a ABE foi admitida, converténdose así na primeira entidade empresarial de Galicia en formar parte desta iniciativa impulsada dende a Xunta para premiar as boas prácticas medioambientais.

Durante a presentación da campaña, na que tamén tomou parte o alcalde, José Ramón Romero, destacouse a importancia de poñer en valor os negocios asociados, mostrando a variedade e calidade do tecido empresarial local, nunhas datas ademais, na época estival, nas que o municipio incrementa considerablemente o número de visitantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí