Unha vintena de embarcacións participarán na Regata Congalsa-Volta a Sálvora

RIBEIRA> As augas da ría de Arousa acollerán este sábado unha nova edición da Regata Congalsa. A proba, na que participarán unhas vinte embarcacións, busca poñer en valor o parque nacional das Illas Atlánticas coa volta a Sálvora, Vionta e Noro.

Unha vintena de embarcacións tomarán parte este sábado na segunda Regata Congalsa-Volta a Sálvora que alcanza xa a súa decimo segunda edición.

Os participantes sairán ás dúas da tarde dende o porto deportivo de Ribeira para percorrer unha distancia dunhas quince millas que inclúe a circunnavegación non só ó redor de Sálvora senón tamén dos illotes Vionta, Noro e Rúa.

Dependendo das condicións meteorolóxicas establecerase o rumbo da regata que pode ser norte a sur ou viceversa. Decidirase o mesmo día da proba, na reunión de patróns que se celebrará ás dez da mañá nas instalacións do club náutico ribeirense, co obxectivo de garantir a máxima seguridade.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada clase Regata, Cruceiro Regata e Cruceiro e agasallos para tódolos tripulantes.