A Xunta pon á reforma do peirao de Palmeira coma exemplo dun urbanismo sustentable

RIBEIRA> A titular de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá o peirao de Palmeira despois das obras de remodelación levadas a cabo, nas que a Xunta de Galicia investiu preto duns 700 mil euros,  en base a un proxecto deseñado pola Fundación RIA, que preside o afamado arquitecto británico David Chipperfield.

Na visita, na que estivo acompañada polo propio Chipperfield, a Conselleira destacou a actuación realizada que permitiu a creación dun espazo medioambientalmente sustentable e integrado na contorna, que responde ás necesidades tanto dos usuarios do porto coma da veciñanza en xeral.

Ángeles Vázquez puxo énfase en que esta será, precisamente, unha das prioridades da Axenda Territorial de Galicia, un documento que está a ser elaborado pola Xunta, que busca apostar por un modelo urbanístico respectuoso co medio natural, seguro e accesíble, tal e como se establece tamén na Axenda 2030 asinada por Nacións Unidas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí