Os mariscadores a flote de Cabo de Cruz denuncian o ‘acoso’ do servizo de Gardacostas

BOIRO> O colectivo de mariscadores a pé de Cabo de Cruz denuncia coaccións por parte do servizo de Gardacostas con constantes multas e mesmo comisos de embarcacións. Piden á Consellería do Mar que medie para acabar con esta situación que cualifican de ‘acoso’.

Os mariscadores a flote de Cabo de Cruz convocaron unha protesta este mediodía ás portas da lonxa da localidade para denunciar o acoso que, din, veñen sufrindo por parte dos Gardacostas. Dende hai un mes comezaron a multarlles por invadir zonas reservadas ó colectivo de a pé sen ter en conta o acordo acadado pola confraría dende o ano 2006. A acumulación de sancións, que cualifican de arbitrarias, derivou xa no comiso dalgunhas embarcacións.

Dende o colectivo de mariscadores piden axuda ó Conselleiro do Mar co que xa mantiveron unha recente xuntanza para trasladarlle a situación.

De non ter unha pronta resposta por parte da Consellería non descartar iniciar un calendario de mobilizacións. Piden tamén o apoio do resto das confrarías de Arousa e de toda Galicia que estean a padecer esta mesma situación para facer forza a través da unión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí