Zona Franca Vigo e oito concellos do Salnés asinan un acordo para potenciar o emprego e a economía

O GROVE> Zona Franca de Vigo e 8 concellos do Salnés asinan un acordo para crear un plan estratéxico para a comarca. Mediante este proxecto elaboraranse as accións a levar a cabo nas vilas para potenciar o emprego e a economía.

Zona Franca de Vigo e 8 dos nove concellos do Salnés asinaron un acordo para crear un plan estratéxico que definirá o futuro da comarca. O plan estará financiado pola propia Zona Franca de Vigo e xa conta coa empresa consultora que se encargará de levalo a cabo. Comezará en setembro e estará divido en 8 fases. As tres primeiras estará encamiñadas a coñecer as potencialidades de cada concello.

Dende a cuarta á sétima fase estableceranse as accións a levar a cabo co obxectivo de potenciar o emprego e a economía en cada un dos concellos.

Con este plan, tanto os concellos como Zona Franca de Vigo agardan poder optar ás axudas europeas. Para iso, é fundamental que todas as partes implicadas traballen en conxunto. Xa que os gobernos locais son os que máis coñecen as necesidades e potencialidades de cada municipio.

O plan estratéxico nace cunha duración de catro anos. Para que o plan funcione é necesario involucrar a todos os sectores tanto sociais como económicos. Este proxecto non será o único que  Zona Franca de Vigo realice no Salnés. O presidente anunciou que están valorando a posibilidade de investir un millón de euros no aquapark de Meis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí