O Monte do Bolo acollerá un festival de artistas locais de Noia

NOIA> A música cobra especial protagonismo na programación cultural de Noia para este verán. Ademais do concerto de Carlos Núñez e dos festivais de arpa e de jazz, destaca a aposta polos grupos local a través do San Bolo Fest.

A Feira Medieval de Noia que arranca mañá dará o pistoletazo de saída a un verán cheo de cultura na vila. Unha das citas máis destacadas será o Festival San Bolo Fest que promove os grupos e artistas locais ó tempo que pon en valor unha área recreativa moi próxima ó casco urbano e do máis acaída para a celebración dun festival de música.

Será o sábado 29 de xullo dende as cinco da tarde. Contará cun amplo cartel de músicos noieses entre os que destaca Chiña, os Biónicos, Brais Sánchez ou Cheroke´s.

Trátase da segunda edición desta cita musical que o ano pasado colleitou grande éxito de público.

 As entradas anticipadas pódense adquirir por tan só un euro no Fina Estampa, Jaratuxa e  Manduka. En taquilla terán un prezo de dous euros e todo o recadado irá destinado á asemblea local da Cruz Vermella.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí