BOIRO> Así de desesperados se senten os veciños de Cures en Boiro.
Levan semanas agardando pola retirada de varios niños de velutina existentes en diferentes lugares da aldea.
A pesar das reiteradas chamadas ó 012, o teléfono habilitado pola Xunta para tal fin, nada se sabe…
A situación é segundo eles insostible e ademais especialmente grave, xa que na aldea viven varias persoas que son alérxicas ás picaduras deste insecto.
Desesperados agardan a que coa máxima urxencia posible a Xunta proceda dunha vez á retirada de todos estes niños de avespa asiática que tantos problemas lles están a causar.











