A azotea do concello de Boiro acollerá un espectáculo de ballet polo Día Mundial da Danza

BOIRO> O concello de Boiro celebrará o Día Mundial da Danza cun espectáculo de baile a cargo da escola CienPliés. Será este domingo nun escenario incomparable: a azotea da casa consistorial.

Como cada ano, o concello de Boiro celebrará o Día Internacional da Danza aínda que nesta ocasión estrea escenario. A azotea da casa consistorial acollerá dous pases a cargo das bailarinas da Escola de Ballet Cienpliés.

O primeiro dos pases será ás doce da mañá e o segundo a partir da unha menos cuarto. Aínda que a entrada libre o aforo é limitado por cuestións de espazo.