A Pobra clausura os actos do 8-M cun curso de autodefensa para mulleres

A POBRA> O concello da Pobra organiza un curso de autodefensa persoal para mulleres. Será o sábado 23 de marzo e estará impartido pola experta en artes marciais, Cristi Tojo. 

Dentro da programación do 8 de marzo, a concellería de Igualdade da Pobra organiza un curso de autodefensa para mulleres que terá lugar o sábado día 23 no pavillón de Venecia.

A instrutora deste curso é Cristi Tojo cunha extensa carreira como docente en artes marciais e facilitadora en autordefensa feminina así como un amplo palmarés en diversas competicións.

As interesadas en participar poden inscribirse no servizo de Iguladade. Disporán ademais dun servizo de conciliación para deixar ós cativos mentres se desenvolva a acción formativa, entre as dez e media e a unha e media.