NOIA> Sae a licitación a mellora da Estación de Tratamento de Auga Potable de Noia. A actuación, cun orzamento de 1’3 millóns de euros, aumentará a capacidade da potabilizadora e rematará cos episodios de turbidez que viñan rexistrando no municipio.
A Conselleira de Infraestruturas desprazouse esta mañá ata Noia para coñecer de primeira man o proxecto de mellora que se vai acometer na ETAP do municipio. Hoxe mesmo sae a licitación esta obra, cun orzamento de 1’3 millóns de euros e un prazo de execución de seis meses.
Esta actuación virá culminar as numerosas actuacións que veu desenvolvendo o concello para acabar cos problemas de turbidez que viña rexistrando nos últimos anos a rede municipal de abastecemento.
Dende o concello agradeceron esta importante inversión que se vén de sumar á recente adxudicación da mellora da EDAR na que a Xunta inviste 2’3 millóns.











