O centro de saúde de Rianxo conta só con 4 médicos, a metade dos cupos que ten asignados

RIANXO> Continúan as protestas convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza. Desta volta, concentráronse en Rianxo onde a situación de centro de saúde empeorou con tan só a metade dos médicos que lle corresponden.

A falla de médicos en Rianxo non é unha situación excepcional durante o verán senón que se volveu xa un problema crónico. O centro de saúde conta tan só con 4 facultativos na quenda de mañá, a metade dos que corresponderían.

Así as cousas, o persoal entende que a principal solución para o centro de saúde rianxeiro é a apertura do PAC en quenda de tarde permitindo así recuperar as consultas en horario vespertino e desconxestionar as urxencias.