A escola de música e baile tradicional de Outes abre as súas portas a novos alumnos

OUTES> A escola municipal de música e baile tradicional de Outes inicia o curso cun mes de portas abertas á cidadanía. Hoxe tivo lugar a primeira desta xornadas que se repetirán os venres 8 e 22 de setembro en horario de cinco da tarde a once da noite no colexio de Cruceiro de Roo.

A escola de música e baile tradicional de Oites imparte clases de diferentes instrumentos tradicionais como gaita, zanfona ou pandeireta entre outros. Co obxectivo de dar a coñecer a súa oferta organiza ó longo do mes de setembro varias xornadas de portas abertas para os interesados.

As próximas citas serán o 8 e o 22 de setembro, en horarios de cinco da tarde a 11 da noite na escola do Cruceiro de Roo. Tamén poderán acudir os interesados en asistir a baile tradicional posto que a escola conta con varios grupos de adultos e infantís.

Ó longo deste curso o concello abrirá tamén un proceso participativo para que os mebros da escola  acheguen as súas propostas co fin buscar ter un nome de agrupación máis recoñecible que o acrónimo actual.

As inscricións entregaránse no concello e poderánse cubrir alí mesmo ou no colexio cos mestres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí