Dubraseda benefíciase dunha axuda de AGADER para a posta en marcha dunha panificadora

NOIA> O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural visitou o obradoiro de panificación Dubraseda. Esta empresa, implantada no polígono industrial de Noia, recibiu unha axuda de douscentos mil euros no marco do programa Leader.

A Xunta de Galicia, a través de AGADER, segue a impulsar o empredemento no rural. é o caso da empresa noiesa ‘Dubraseda’, beneficiaria dunha axuda de douscentos mil euros para a posta en marcha dun obradoiro de panificación que, na actualidade, xa inicou o proceso de produción e comercialización de masas ultraconxeladas.

Ademais da aposta polo emprendemento no rural, que buscan os fondos Leader, a administración tivo en conta o carácter innovador deste proxecto e a importante creación de emprego que suporá.

Pola súa banda, o alcalde de Noia agradeceu o interese da Xunta por abrir novos escenarios empresariais na localidade. Destacou a recente inversión da Consellería de Industria no polígono coa pavimentación das vías interiores por valor de noventa mil euros.