Escasea o peixe e o marisco no último día do ano

42

RIBEIRA> Cigala, centola e ameixa volverán ser as estrelas das nosas mesas esta noite. O prezo deste e doutros mariscos non experimentou unha gran suba nesta xornada posto que a maior parte dos consumidores aproveitaron a fin de semana para abastecerse dos produtos que compoñerán o seu menú de Noitevella.

Pouco ambiente esta mañá na praza de abastos de Ribeira. A pesar de tratarse do último día de ano, o feito de coincidir en luns fixo escasear marisco e peixe. Foron moitos os que adiantaron as compras á fin de semana, especialmente ó sábado. Aínda así, os que preferiron agardar ata última hora puideron atopar centola, cigala, nécora e ameixa a prezos ben asequibles.

Unha das opcións máis demandadas é o conxelado, co langostino como auténtico rei, posto que non varía de prezo con respecto ó resto do ano.

Para completar o menú hai quen se decanta polo peixe, lubina e roudaballo sobre todo, aínda que este ano anda algo máis escaso. No que respecta á carne, o cordeiro e o polo son os máis demandados.

O que non pode faltar na mesa esta noite son as uvas, con ou sen pepita. En postos como este de Ribeira tiveron que encargar máis ante a alta demanda porque non hai quen se resigne a darlle a benvida ó aninovo sen as doce uvas da sorte.

COMPARTIR