RIBEIRA> A oficialización deste acordo de goberno chega tan só unhas horas despois do anuncio da marcha de Manuel Ruíz, O aínda alcalde en funcións renuncia á súa acta de concelleiro para optar ó Senado. Facíao coa intención de posibilitar un acordo co PBBI pero semella que chega tarde.
A decisión de Manuel Ruíz de dar un paso atrás é ceder o testemuño a María Sampedro tiña como obxectivo achegar posturas co PBBI para facilitar un acordo de investidura ou mesmo un futuro pacto de goberno. Posibilidade que agora se esfuma tralo anuncio do pacto do goberno entre BNG, PBBI e PSOE.
Visiblemente emocionado, Manuel Ruíz fixo un repaso destes doce anos á fronte do concello de Ribeira que cualificou como a etapa máis feliz da súa vida.
A marcha de Ruíz abre unha nova etapa non só no PP senón no concello onde quedan pendentes varios proxectos iniciados baixo o seu mandato como a ampliación do polígono industrial ou a reforma da casa consistorial.