RIBEIRA> Ribeira volverá facer gala da súa solidariedade na andaina En Marcha contra o cancro. Nesta segunda edición agardan redobrar o apoio acadado o pasado ano no que contaron con 550 participantes.
O sábado 14 de outubro desenvolverase a segunda edición da Andaina ‘Ribeira en marcha contra o cancro’. O percorrido, duns cinco quilómetros, discorrerá polo paseo de Coroso para garantir a accesibilidade a todo tipo de público.
Ademais da andaina que partirá ás cinco e media da tarde dende a praza do concello desenvolveranse actividades durante toda a xornada. Haberá unha exhibición de kempo e unha clase maxistral de bailes latinos e estará dispoñible tanto as inscricións como a venda de merchandising para recadar fondos.
Os interesados en inscribirse previamente poden facelo contactando coa xunta local da AECC ou en calquera dos establecementos colaboradores. O prezo é de 5 euros para adultos e 3 para nenos. Estarán tamén á venda as camisetas, as mesmas que o ano pasado, por importe de 5 euros.











