O concello de Ribeira acometerá unha reforma integral na Rúa Romero Ortiz

RIBEIRA> O mal estado da rúa Romero Ortiz motivou numerosas queixas de usuarios que alertan do risco de caídas e de danos nos vehículos. O concello de Ribeira acometerá unha actuación integral para substituír as lousas de granito por un novo pavimento.

Aínda que foi reformada integramente hai algo máis de dous anos, a rúa Romero Ortiz de Ribeira presenta numerosas deficiencias que motivaron as queixas da veciñanza.

A principal é  mal estado das lousas de granito que foron rompendo polo paso do tráfico supoñendo na actualidade un risco importante tanto para o tránsito rodado como peonil.Facéndose eco das demandas veciñais, o concello acometerá a retirada das lousas e a súa substitución por un pavimento de formigón, resistente ó paso dos vehículos.

Ademais do cambio de pavimento, procederase ó derrube dun inmoble de propiedade municipal para crear unha área de lecer. Tamén se actuará no treito inicial da rúa onde se habilitará unha zona de carga e descarga.