7 ofertas presentadas para a execución da primeira fase da variante de Ribeira

RIBEIRA> Sete empresas presentaron as súas ofertas para executar a primeira fase da variante de Ribeira. Trátase dun treito de pouco máis dun quilómetro que conectará a parte norte co sur do municipio, contribuíndo a desconxestionar o tráfico no casco urbano.

O concello de Ribeira agarda iniciar nun par de meses as obras da primeira fase da variante de Ribeira que suporán unha importante mellora na fluidez do tráfico. A conexión entre a parte sur e a norte do municipio evitará que os vehículos teñan que atravesar o casco urbano, evitando a conxestión de vehículos nalgúns puntos como a rúa Lepanto.

Trátase da primeira fase dun proxecto moito máis ambicioso que suporá un investimento total de dez millóns de euros e que podería saír a licitación no primeiro trimestre deste ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí