Os veciños celebran a oposición unánime á A57 pero agardan a confirmación do Goberno central

PONTEVEDRA> Despois de que a corporación pontevedresa aprobara por unanimidade o seu rexeitamento a continuar co proxecto da A57, os veciños das parroquias afectadas abandonaron a sesión satisfeitos por esta mostra de apoio. Iso si, apuntaron que non estarán totalmente tranquilos ata que dende o Ministerio de Transportes se confirme que non se continuará traballando nesta infraestrutura.