O Banco de Alimentos agarda recadar 300 mil kilos de comida na Gran Recollida 2022

PONTEVEDRA> O Banco de Alimentos quece motores para a Gran Recollida deste 2022. Será en dúas xornadas, o venres 25 e o sábado 26 de novembro, e a entidade afróntaas cun obxectivo claro: conseguir 300.000 quilos de alimentos na provincia pontevedresa para repartir entre as persoas máis vulnerables. Para facelo posible, precisan da colaboración de 500 voluntarios.

O venres 25 e o sábado 26 de novembro o Banco de Alimentos volve facer un chamamento á solidariedade da poboación da provincia de Pontevedra. Celebrarase a Gran Recollida 2022.

Celebrarase en 135 supermercados de toda a provincia. 75 deles na área de Pontevedra. O obxectivo da entidade é acadar os 300.000 quilos de comida para atender unha demanda crecente.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiumáis de dous millóns de quilos de alimentos durante o 2021. 380.000 quilos na área pontevedresa.

O que aínda non se sabe é a identidade do padriño ou madriña que terá a Gran Recollida este ano. Para coñecer quen tomará o relevo do actor vigués Pedro Alonso, popular por interpretar o papel de Berlín na serie ‘La Casa de Papel’ haberá que agardar ao vindeiro 11 de novembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí