CAMBADOS> A praza de Fefiñáns converterase de novo no epicentro do Mercado das Flores de Cambados. Máis dunha vintena de floreiras daranse cita alí cunha ampla variedade de produto para honrar aos nosos defuntos. O mercado vai estar aberto entre os días 29 e 31.
As flores volven á praza de Fefiñans para honrar aos nosos defuntos. Cambados volve organiza-lo seu Mercado das Flores, unha cita xa imprescindible no municipio.
Este ano tamén se vai instalar alí unha carpa. Baixo dela, máis dunha vintena de vendedoras co mellor produto entre os días 29 e 31 deste mes.
O mercado foi gañando peso nos últimos anos, converténdose xa nunha das principais referencias no Salnés.
Por certo, logo do mercado das flores a carpa instalada en Fefiñáns será reaproveitada para a celebración dun magosto popular o día 1 de novembro.