O SALNÉS> A Xunta contempla nos seus orzamentos para 2024 un investimento nas comarca do Salnés e Caldas de case 30 millóns. Deles, 14 millóns quedarán no Salnés e a metade destinarase a obras de saneamento e depuración de augas. Fóra diso, unha das partidas máis folgadas irá para Vilagarcía, para o novo centro de saúde, ao que destinarán dous millóns. Iso si, esa partida específica non figura no borrador, pero os populares explican que irá con cargo ao Plan de Dotación de Infraestruturas sanitarias.
Ademais, en Vilagarcía consígnase unha partida doutros dous millóns para a ampliación do CIFP Bouza Brey. Cambados é outro dos municipios máis beneficiados da zona.
Pois en Cambados salienta a ampliación da lonxa e melloras na depuradora e no saneamento.
Tanto BNG como PSdeG coinciden en que esas son partidas pantasma, que se repiten ano tras ano nos orzamentos sen chegar a executarse.
E lamenta o alcalde que non haxa partidas propias nin para a praza de abastos nin para a compra do asilo.
O rexedor avanza que a través do grupo socialista no Parlamento van solicita-la inclusión nas partidas deste asunto e o da praza de abastos. Tamén tira do grupo parlamentario o alcalde da Illa. Luis Arosa avanza que levarán varias emendas para que a Xunta non se esqueza do municipio.
O alcalde di que só figura unha partida específica de 100.000 para saneamento, que nunca se executa. Entre as emendas, di Arosa, reivindicarán a reforma do paseo do Cantiño e tamén melloras no colexio.
Tamén nas últimas horas o BNG comparecía para critica-las contas da Xunta para o ano que vén. Os nacionalistas cualifícanas de “tomadura de pelo”. Din que de novo se volven repetir partidas que nunca se executan e que se esquece o goberno galego de fondos para sectore clave para a comarca, como o mar.