Muros homenaxea ás mulleres que forman parte da súa historia

MUROS> A deputada de Igualdade, Soledad Agra, e a alcaldesa, María Lago, foron as encargadas de inaugurar esta exposición, que baixo o título ‘Ruando: un percorrido pola memoria das mulleres que construíron Muros’ intenta visibilizar a historia local, contada, cun enfoque de xénero, a través das voces e as experiencias propias de varias mulleres da vila.

Entre as protagonistas, destacan Amelia, María ou Maruxa mulleres todas elas anónimas que traballaron de costureiras, de mariscadoras, na conserva e noutros sectores tradicionalmente feminizados e a miúdo esquecidos, pero de gran importancia, de cara a sustentar a economía e a vida comunitaria deste Concello.

Ademais do Concello, a mostra conta tamén co apoio da área de Igualdade da Deputación da Coruña, que veu nela unha fórmula idónea para visibilizar o papel das mulleres cotiás, que co seu traballo anónimo foron esencias no desenvolvemento do municipio, para chegar ó que hoxe é.

A mostra, instalada na praza do Concello, busca tamén a participación activa de persoas de tódalas idades para crear un lugar inclusivo que fomente o diálogo interxeracional, grazas á montaxe da empresa de deseño Labauh.

A exposicón oderá visitarse ata finais de novembro.