CCOO e UXT denuncian a falta de vacinación nalgúns traballadores das residencias

PONTEVEDRA> Os traballadores das residencias de maiores volven a concentrarse en Pontevedra. Moitos deles están a vivir unha precariedade laboral, algo que lles leva á sobresaturación. Ademais, o persoal destes centros denuncia a falta de vacinación pola Covid nalgúns postos de traballo.

Continúan as mobilizacións dos traballadores de Política Social. O persoal das residencias volven saír á rúa para esixir mellores condicións laborais. Tanto o sindicato de CCOO como o de UXT aseguran que a porcentaxe de interinidades nestes centros supera o 50%, o que provoca que moitas veces se traballe con efectivos mínimos.

Os sindicatos denuncian tamén a falta de vacinación antiCovid nalgúns postos de traballo. De feito, nesta residencia de Campolongo aseguran que hai traballadores que aínda non recibiron as dúas doses.

Os traballadores das residencias continuarán manifestándose cada xoves ata conseguir o seu obxectivo: que os conselleiros de Política Social e de Facenda atendan ás súas demandas.