PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra crea unha nova liña de axudas para facilitar a entidades deportivas da provincia a compra de vehículos. A administración provincial destinará a este fin 300.000 euros. Explican dende a Deputación que con estas axudas buscar colaborar cos clubes á hora de facerlle fronte a un dos seus principais gastos como é o transporte.
DepoVAN é o nome co que a Deputación de Pontevedra bautizou a súa nova liña de axudas para facilitar a compra de vehículas a entidades deportivas da provincia.
Para esta liña de axudas a Deputación destinará 300.000 euros.
Dende o goberno provincial indicaron que esta liña de axudas busca ser un apoio para que os clubes poidan facerlle fronte a un dos seus principais gastos, o transporte dos seus equipos ás distintas probas deportivas.
Un xesto que agraderon as entidades deportivas que esta mañá asistiron á presentación dos detalles do DepoVAN.
Cada entidade poderá solicitar a súa axuda durante un prazo de 30 días logo da publicación desta convocatoria no boletín oficial da provincia. Vanse entregar por concorrencia competitiva, é dicir, aquelas que teñan unha mellor puntuación serán as beneficiarias.











