Rianxo impulsará a creación dun Consello Municipal do Mar

RIANXO> A preocupante situación que padece o sector pesqueiro e marisqueiro en xeral en toda a Ría, pero en particular no municipio, cunha caída importante da produtividade e dos ingresos, foi a principal razón que levou ó executivo de Julián Bustelo a impulsar a posta en marcha dun Consello Municipal do Mar.

Aínda en fase inicial, a idea pasa por crear un órgano con cabida a tódolos axentes implicados na defensa do sector do municipio e establecer un foro de debate e participación no que abordar a situación que se está vivindo.

Dende o Concello sinalan que é o momento de deixar de lado calquera diferenza para traballar conxuntamente na defensa dun sector produtivo fundamental para a localidade.