A ponte da Illa ponse a punto

A ILLA> Tarefas de mantemento na ponta da Illa de Arousa. A infraestrutura vaise someter a un fondo lavado de cara, en especial, nas sendas peonís e de ciclistas. O concello estuda, ademais, a posibilidade de solicitarlle á Xunta o repintado das marxes, para mellora-la súa estética de cara ao verán.

Con case dous quilómetros de lonxitude, a Ponte da Illa ponse a punto. A infraestrutura será obxecto dunha fonda limpeza nas franxas de sendas peonís e ciclistas de ambas marxes.

Esta mañá, coincidindo co inicio dos traballos de mantemento, visitaron a infraestrutura o delegado da xunta en Pontevedra e o alcalde insular. Unha actuación que o propio rexedor lle trasladou a Luis López a semana pasada e que obtivo unha rápida resposta.

Máis alá deste lavado de cara, o concello estuda outras posibles melloras para esta emblemática infraestruturas de titularidade autonómica. Entre elas, contempla o repintado das sendas peonís e ciclistas. Unha decisión que se tomará en futuras reunións entre a administración local e a galega.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí