A Pobra reunirá ós amantes das dúas rodas nunha nova concentración moteira

POBRA> Os afeccionados ao mundo do motor terán unha cita na Pobra a fin de semana do 17 e 18 de maio coa celebración da XI Concentración Moteira Sinfrenos, organizada polo Motoclub Sinfrenos en colaboración co Concello.

As actividades programadas para os dous días desenvolveranse na contorna da praia do Areal, o mesmo escenario do da anterior edición, destacando as rutas pinchadas, música en directo e as exhibicións.

Na cita agárdase unha participación superior á do ano pasado, na que se chegou ás cincocentas motos.

Dende o Concello destacaron a importancia deste tipo de iniciativas, coa que levan colaborando dende a súa primeira edición.