Noia estrea decoración nun Nadal moi solidario

NOIA> Noia prepárase para vivir un Nadal do máis completo. Dende concello deseñaron unha ampla oferta cultural con unha actividade diaria como mínimo. Ademais, gran parte dos espectáculos terá un fin solidario.

O Nadal arranca en Noia este mércores día 6 co acendido do alumeado e a apertura do Belén de Santa María a Nova. As rúas, principalmente o casco histórico ea  zona comercial pero tamén as parroquias contarán este no cunha decoración propia e singular posto que o concello optou por ir adquirindo as pezas en lugar de depender das empresas de alugueiro.

O 16 de decembro dará comezo unha ampla programación cultural na que non faltarán actividades ningún día ata o 7 de xaneiro. Destaca especialmente os espectáculos solidarios en beneficio de Cruz Vermella e Cáritas como son as panxoliñas nas parroquias ou a posta en escena de Eduardo Manostijeras.

A programación completa pode consultarse na web municipal. Ademais das citas obrigadas como a recepción a Papá Noel e os Reis Magos non faltarán obradoiros, cine, música en directo e espectáculos itinerantes para encher de vida ás rúas noiesas durante este Nadal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí